Os ciclistas do Karpin Galicia non están a obter bos resultados na 65 Volta á Comunidade Valenciana. A terceira etapa, con saída e destino en Vilareal, tivo como vencedores os dous corredores italianos que xa se están a consolidar nos primeiros postos da clasificación: Daniele Bennati, do Lampre-Fondital, e Alessandro Petacchi, do Team Milram. O primeiro do club galego foi Gaizka Lasa, co mesmo tempo ca Bennati, 3 horas, 33 minutos e 30 segundos, e o posto 27.
O Karpin Galicia segue a competir na 65 volta ciclista á Comunidade Valenciana, que se está a disputar dende o martes até o sábado. O conxunto galego atópase na posición décimo terceira, despois de transcorreren dúas etapas. No percorrido do martes, con saída e chegada en Alcira, Gustavo Domínguez foi o primeiro corredor do Karpin en chegar á meta, no posto duodécimo.