Este  ano, no marco da celebración do San Cidre, Manuel Regal Ledo presentou  o seu novo libro Terra de seu. Breve historia do campesiñado galego,   que recolle os 24 capítulos que foron saíndo durante 6 anos en  Fervenza, a revista trimestral do Movemento Rural Cristiá de Galicia. 
     Como  ben se comenta na introdución do libro, o título “Terra de seu”  ten moito que ver coa que foi unha das máis fondas aspiracións dos  homes e mulleres do campo galego durante séculos: ter terra de seu,  sobre a que libremente fundamentar unha vida digna. O libro quere ser  así “unha homenaxe sobradamente merecida a tantos antepasados nosos,  con corpo e alma de home ou muller rurais, que fixeron historia, a nosa  historia a ritmo de teimudas aspiracións, que sempre deron os seus  froitos”.
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto
 RSS
					| Que é Vieiros?
					| Que é o RSS?
					| Creative Commons
					| Publicidade
					| Director
					| O equipo
					| Contacto