Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Castela, o reino da ficción (II)

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Castela, o reino da ficción (II)

Castela, o reino da ficción (II)

Outra entrega sobre as miñas vivencias como estudante universitario en Castela

Enviada por volvebreogan volvebreogan o 25/02/2010 18:28
<!-- etiqueta sen asignar aberto_alt //-->

Se na primeira parte falara de como chegar a entendelos, das cousas que dicían, do que creían eles que eran o do que eles creían que eramos os galegos respecto deles, desta vez vouvos presentar o seu concepto de ser galego, e non falo do que pense a señora Díez senón, que somos para eles?

En primeiro lugar somos xente que falamos cantando, xente que cando abrimos moito a boca somos escoitados porque lles gusta oír o noso acento, esa forma curiosa que temos de falar el galleguiño, e ademais somos todos recoñecidos vaiamos  onde vaimos non polo noso nome, xa nos poñen un alcume, 'el gallego' que queda xa establecido até o noso último día no seu país.
Esto que podería ser tomado por un orguio, que fóra da casa che recoñezan polo xentilicio do teu país non esconde máis cunha trampa, unha trampa espallada no mito do galego pobre, que aínda hoxe pervive na mentelidade castelá. Caémoslles ben non pola nosa valía, non polo noso carácter senón porque somos os pobres gallegos, somos para eles uns coitados. Este sentimento de superioridade que sinten cara nós vouvolo reflexar nas clases de Historia Medieval.

Cando estudamos a re-conquista, 'aprendimos' constantemente a evolución política de Castela e da Coroa de Aragón, facendo por certo contínuas referencias aos cataláns, o que che abre unha dobre pregunta, -Se os odian porque falan tanto deles?- e outra, -Porque non hai ningunha referencia aos pobos vasco e galego, e sí ao pobo catalán?-
 
Porqué non aparecemos nas súas crónicas?, nin nos textos históricos?

A verdade é que as clases de Historia Medieval non teñen desperdicio, xa que o profesor é capaz de mencionar as verbas España e españois trinta e cinco veces en tan só dez minutos, e iso que estamos no Medioevo.

O tema do pobo vasco é moi fácil de responder, e é algo ao que chegamos moi rápido un colega de Donosti e mais eu falando pola rúa cos nosos acentos particulares en língua castelá, e a nosa conclusión non é outra que dalles medo falar de Euskadi, xa non é rabia catalá, senón noxo e medo.. pero nós qué?
Pois nos saímos nos mapas como é normal por ser un pobo penínsular pero nada mais. As referencias que fan dos galegos son case nulas se as comparamos coas referencias ao Reino de Portugal, que son inexistentes,porén, Galiza e Portugal non existen na súa historiografía. Entón xa non é odio ou medo, nin rabia ou aceptación, o noso é negación. Non só aceptan a presenza no século VIII de musulmáns no Golfo Ártabro, a existencia dun tal Don Pelaio, a preminencia do castelán e de castela antes do século XIII (data de creación do Reino de Castela), senón que ao seren preguntados remítense as fontes, fontes que van dar a un tal Rodrigo Ximenez de Rada, '' primado de España'' Arcebispo de Toledo, título que lle foi negado a Santiago por obra do pontífice Gregorio IX, que segundo os casteláns reforzou a importancia de castela no proceso de construcción española.

Logo disto eu so podo chegar as seguintes conclusións:

Somos  unha colonia moi riquiña? Un territorio clave para sacar un feixe de votos para ocupar cadeiras en Madrid? Un territorio a piques de conquistar culturalmente? Unha rexión pobre? Un novo paraíso para o ladrillo?

Entón..somos gallegos, no sentido pexorativo da palabra como dixo a señora Díez onte, ou somos galegos no sentido patriótico da palabra?


4,6/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: