Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Rairiz de Veiga

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Rairiz de Veiga

Rairiz de Veiga

Onte, 18 de febreiro de 2010, lin en La Voz de Galicia, na comarca de Ourense, páxina L11, un auténtico dislate “El alcalde de Rairiz de Veiga, Xaquín Rodríguez Antonio, no dia 17 de febreiro, despedia por segunda vez no prazo dun ano e medio á traballadora social do concello, dona Cristina Gándara, coa orde de que recollese as suas cousas en cinco minutos e entregase as chaves”.

Enviada por redaccion redaccion o 22/02/2010 11:29

Esta compañeira tivo tres sentenzas: foi despedida en xullo de 2008 estando de baixa, o Xulgado do Social declara o despido improcedente e o rexidor opta pola indemnización; en xullo do 2009 o TSXG declara o despido como nulo e ordea readmitila; incorporouse en outubro de 2009, mais considera que se lle impide facer correctamente o seu traballo e denunciao, o Xulgado do social deulle a razón en xaneiro e ordea correxir a situación.

 Esta é unha reseña do que edita La Voz de Galicia, no que tamén recolle a opinión do edil socialista, Eulogio Fernández, como “acoso laboral sin precedentes”.

 Ante esta noticia, non sei se por falla de información ou por sesgada, lembrarlle á sociedade que non é así, polo seguinte:
Que eu coñeza hai unha primeira acosada no concello de Porriño, que viviu unha situación denigrante, sendo o alcalde o Sr. Barros, do PP.

Outra no concello de O Carballiño, cun alcalde do PsdG- PSOE .

Outra no concello de Dozón (Pontevedra) con 32 sentenzas gañadas en todas as instrucións: contencioso- administrativo, social, 1ª instancia e instrucción, TSXG, Audiencia Provincial de Pontevedra e Penal. E outras institucións como O Valedor do Pobo, Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, etc., sendo o alcalde do PP.

    Fìcame por dicir que é un grande cinismo a expresión “un acoso laboral sin precedentes”; xa que teño constancia que igual que cando gobernaba o PP en maioria absoluta, como no goberno bipartito PsdG- PSOE e BNG, todos tiñan coñecemento do “Dozóngate”, de feito leváronno por activa e pasiva ao Parlamento Galego e nunca actuaron, mais que para o público, cecais para “captar” votos.

Isto, amósame unha vez mais que a partitocracia non é a democracia.

 Toda a miña solidariedade á compañeira e a todas e todos os “anónimos” que están a sufrir estas situacións subrealistas e inhumanas.

O Carballiño, 18 de febreiro de 2010








Asdo.: Ana T. Lois Navaza
Ex- funcionaria do concello de Dozón e pensionista de incapacidade permanente total  de accidente de traballo “por acoso laboral”


4,43/5 (14 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: