Seguindo coas Oficinas I + B, carta publicada na Voz de Galicia o día 19.
CARTA ABERTA AO PRESIDENTE DA XUNTA, SR. NÚÑEZ FEIJOO Autor del comentario:María de Nieves y SeoaneLocalidad:Ourense
Jueves 19 de noviembre de 2009
Sr. Núñez Feijoo: Eu tiña un traballo. Un traballo que me gustaba moitísimo, pero que por desgraza era soamente de media xornada, polo que o salario non era moi alto. Entre os días 8 e 9 do mes de outubro pasado, non me lembro con certeza, recibín unha chamada do Consorcio de Igualdade e Benestar ofrecéndome unha praza na oficina de I + B de O Carballiño, con xornada completa e polo tanto, con bastante máis salario que o que estaba a percibir. E unha, que ao longo dos anos adquiriu bastantes vicios, como comer, vestirme, ter onde vivir,... despois de pensalo moito, moitísimo, e con moita tristeza, dixen que SÍ. E o día 14 de outubro (sí, deste outubro), toméi posesión do meu flamante posto de traballo na oficina de I + B do Carballiño. Case que de seguido, concretamente o día 24, soamente dez días despois, salta a noticia: segundo a Secretaria Xeral de Familia e Benestar, Dª Susana López Abella, non está claro que deban continuar a funcionar as oficinas de I + B, porque, segundo dí, están a duplicar o traballo, e ademáis as 104 persoas que traballamos nelas, entramos a dedo enchufadas polo BNG. ¡Ai meu Deus! Parece ser que son unha enchufada... ¿será que sen sabelo alguén me enchufou?... ¿e seguirá a gobernar o bipartito?, porque claro, si eu son enchufada do BNG... a mín chamáronme soamente vai dez días ¿e porqué me haberán chamado?. Todas estas dúbidas asaltáronme cando lín as declaracións da Secretaria Xeral de Familia e Benestar, ata que lembrei que estaba nunha lista de agarda feita ao abeiro dunha convocatoria publicada no DOG do día 27 de marzo de 2008 e como pasara tanto tempo xa non o recordaba. Xa a continuación das declaracións citadas, empezouse a falar do peche das oficinas e eu lle pregunto, Sr. Núñez Feijoo: ¿é que o día 8 de outubro non sabían que ían pechar as oficinas? Nesas datas os Orzamentos para o ano 2010 xa tiñan que estar preparados, senon presentados xa no Parlamento. ¿Por qué seguiron a chamar xente? ¿Por qué tanta falta de respecto?. Porque eu, Sr. Núñez Feijoo, como xa dixen, tiña un traballo, un traballo que me gustaba moitísimo e que deixei para incorporarme a unhas oficinas a piques de pechar. Gustaríame saber a quén exactamente debo agradecer a miña sorte, para telo presente nas miñas oracións e recordalo o resto dos días da miña vida?