Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Sindrome da Marca Branca: Nacionalismo Galego Vs Margarina

Vivimos actualmente nun clima de que todo vale con tal de aforrar, e non é para menos, coa que esta caendo toda contención no gasto e pouca e o consumidor de a pé, e dicir, o traballor medio deste pais comeza a renunciar a productos diarios que xa tiñan asumidos dentro dun estandart de calidade e xustiprezo, e sustitúeos moitas veces por un sucedáneo mais barato ou de orixe descoñecido: as marcas brancas.

Enviada por crceg19 crceg19 o 04/09/2009 19:23

Vivimos actualmente nun clima de que todo vale con tal de aforrar, e non é para menos, coa que esta caendo toda contención no gasto e pouca e o consumidor de a pé, e dicir, o traballor medio deste pais comeza a renunciar a productos diarios que xa tiñan asumidos dentro dun estandart de calidade e xustiprezo, e sustitúeos moitas veces por un sucedáneo mais barato ou de orixe descoñecido: as marcas brancas.

As marcas brancas por outra banda saenlle mais baratas as grandes areas que aos propios consumidores pois estas se entenden como producto propio do sistema, do mercado, son propiedade das empresas intermediarias. Coas marcas brancas, as grandes empresas comerciais aforran o gasto que lles produce comercializar outra marca allea á sua realidade, e asi poden especular cun maior marxe de beneficios conforme a necesidade do momento, por iso non e de estrañar que as marcas de "autoservicio ahorro" non so mateñan a sua producción se non que incluso a aumeten nestes tempos de crise. E dicir saen gañando os que xa gañaban. Pero claro está, ainda que aforrar manda, a saúde e a autenticidade do producto nalgúns casos tiran forte na conciencia colectiva e é por iso que nestes dias un queda abraiado vendo as novas estratexias publicitarias na TV. Fronte a ofensiva das grandes áreas en potenciar as súas marcas brancas con prezos moi competitivos as outras marcas defendense cunha apoloxía do auténtico, da confianza de quen sempre estivo aí ofrecendo o mellor, e ainda que parte da estratexia consiste nunha baixa porcentual de benefecios para intentar manter o seu nicho, son conscientes de que virán tempos mellores é que con paciencia voltaran ao lugar no que estaban, porque no fondo a todos nos tira esa autenticidade e todos preferimos o Cola Cao de toda a vida. Pois ben, no nacionalismo galego a crise tamen callou fondo, como non podia ser menos. Neste ultimos tempos as marcas brancas, esas tan competitivas entraron na casa, ofrecéndose a toda a sociedade galega, como algo parecido ao que xa existe pero mais barato e mais guai. Inténtase colocar un producto barato que non enfade a ninguén e que poda entrar en todas as casas, aforrar en discursos que, ainda que necesarios son poucos atractivos, e competir coas outras marcas dentro do seu terreo a tumba aberta, deixando no camiño iso que facia del algo distinto, alternativo.

Os principios históricos do nacionalismo seica saen moi caros para o electorado. Temos que abaratar custes neste tempos de crise e asimilarse ao preponderante: as marcas brancas. Esas grandes franquicias do sistema de mercado. (Ou estás no carrefour ou estás no Alcampo e a isto se reducen as diferenzas).

E unha vez aquí compararía esta situación cun anuncio de leite e mais margarina cos que ultimamente nos bombardean en todos os medios: Que é en realidade o que nos xogamos ao mercar algunhas marcas blancas? O spot dío claro, quere que baixemos o prezo? pois moi ben: Se lle quitamos ao nacionalismo galego ese afán de defender o monolinguismo social en Galiza (defendendo o galego como única lingua propia do pais), e se aceptamos que no seo do nacionalismo sexamos Bilingues Armonicos, baixaremos o prezo e é posíbel que nos merque mais xente. Se nos deixamos de denominarnos NACIONalistas, e como as demais alternativas nos recoñecemos como galeguistas (culturalistas Galegos?) ou pleno-autonomistas ao mellor tamen nos mercaría mais xente. Se intentamos ser a referencia para o empresariado especulador e o covidamos a cuchipandas, esquecéndonos dos "brutiños do Metal" e outros armadanzas que montan conflictos para ter un traballo digno... ao mellor nos mercaría mais xente.

O problema é que se nos seguimos quitando cousas, ou modificamos os nosos ingredientes clásicos a favor dunha mellor recollida de beneficios estaremos ofrecendo un producto de baixa calidade, ambiguo e que crea a espectativa de que todos son iguais, tanto dá un coma outro. Ademais este nicho de mercado xa está cuberto por outros sucedáneos ben arroupados polas grandes áreas, polo sistema de mercado......

e o spot remata:

Facemos este anuncio sen reclamos abraiantes, a nosa laboura neste tempo de crise é explicar que é o que se xoga o cosumidor coa elección masiva cara a marca branca. Nós ofrecemos un grao de calidade indiscutíbel, nós somos o produto que te satisfae por estar elaborado cos mellores ingredientes e estamos convencidos diso.Ti elixes. O barato co tempo sae caro. "Esta Margarina te cuida con ingredientes autenticos, solo te ofrecemos lo mejor".


4,6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: