Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Ritmos afrouruguayos no Festival Son e Arte de Viveiro, Lugo

Por primeira vez preséntanse en Galicia, Alejandro Luzardo e a banda a Candombera coa súa música contaxiosa, e moitos galegos-uruguaios identificarán os tambores que algunha vez viron pasar polas rúas de Montevideo...

Enviada por Punal Punal o 13/08/2009 10:44

O guitarrista uruguaio Alejandro Luzardo e a banda A Candombera actúan este sábado 15 ás doce da noite na Praza Maior de Viveiro, Lugo, con entrada libre, no Festival Son e Arte.

A Candombera é a banda que toca candombe, este é o ritmo afrouruguayo, herdanza e resultado da mestura de diversas culturas africanas que, obrigadas pola escravitude, chegaron a esa region do sur de America que hoxe se chama Uruguai.
Non é un ritmo trasladado como tal desde Africa senón o singular resultado desa mestura de culturas e a súa resistencia nun medio e unhas circunstancias de forte represion dos seus costumes e identidade.

O ritmo candombe e os seus tres tambores (chico repique e piano) caracterízanse pola súa forza e á vez a súa cadencia especial.

O enganoso acento do tambor mozo é o "reloxo" ou metronomo sobre o cal dialogan o tambor piano e o tambor repique
A partir deste ritmo e a súa linguaxe particular -expresa Alejandro- compoño as cancións que se nutren do jazz o funk e outros estilos na súa linguaxe melodico e armonico e nas improvisacións dos solistas.

Con letras que falan do que pasa en torno ao candombe e o seu ambiente, a súa xente e os seus personaxes tipicos, pero tambien doutras cousas.

O repertorio que faremos en Viveiro consistira maiormente nos temas (todos orixinais) do noso CD debut "Escoita o tambor" Alejandro Luzardo e A Candombera, (Blue Moon, 2008).

Para nós tocar en Galicia representa unha gran ilusión, conscientes da cantidade de galegos que ou viviron ou teñen un parente próximo alli -finaliza Alejandro.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



RITMOS AFROURUGUAYOS NO FESTIVAL SON E ARTE DE VIVEIRO, LUGO