Hoxe, sábado 1 de agosto, os mariñeiros de Cangas convocan unha nova marcha contra o pelotazo urbanístico que pretende Marina Atlántica, Caixanova, no contorno da vella factoría de Massó.
A manifestación sairá ás 20:00h da Alameda Vella de Cangas e rematará ao pé das obras do porto deportivo de Massó. A confraría confía nun apoio multitudinario do pobo de Cangas e do resto de confrarías da ría de Vigo, tamén prexudicadas pola perda dun laño moi produtivo e polas nefastas consecuencias da modificación de correntes na ría que provocarían os recheos, que xa manifestaron publicamente o seu apoio á marcha.