A combinación da técnica e a arte é fundamental á hora de manexar unha cometa
O IV Festival de Papaventos dá Coruña, celebrado nos terreos próximos á Torre de Hércules foi un magnífico espectáculo, onde excelentes creadores desta especialidade de Galicia, Asturias, Madrid, e Valencia, entre outros, mostraron a súa habilidade e técnica, ante un publico que gozou amplamente destas xornadas, e aplaudiu as actuacións.
O equipo madrileño de Imaxina, con coreografías apoiadas con música, puxeron a nota máis alta, coas súas catro cometas de paxarelas, de catro fíos, que realizaron innumerables execucións dun nivel artístico elevado.