SERÁ O 1 DE AGOSTO AS 19:00 DA TARDE NA PEREGRINA
http://pontevedraantitaurina.wordpress.com/
6 pontos básicos
1) Cese inmediato de axudas encubertas ás touradas por parte de todas as institucións, nomeadamente da Deputación de Pontevedra, principal financiador público.
2) Instar á Xunta a aprobar unha Lei de Protección Animal que proíba as touradas e espectáculos onde se torture ou mate animais.
3) Declaración por parte do Concello de Pontevedra como "Cidade Antitouradas" e amiga dos animais.
4) Supresión das touradas como reclamo turístico por parte das Institucións públicas, así como dos programas de festas.
5) Erradicación do uso de espazos públicos para a promoción das touradas.
6) Reconversión da Praza de Touros nun Coliseu para espectáculos culturais e concertos.