Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Por un prezo xusto do leite

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de Por un prezo xusto do leite

Por un prezo xusto do leite

Os gandeiros non pedimos un prezo digno senón un prezo xusto que cubra os nosos custos de produción.

Enviada por tratorada tratorada o 14/07/2009 10:12

En relación coa tractorada na que están a participar os sindicatos rurais para esixir á Xunta e ao Ministerio que constitúan unha Mesa de negociación, na que se acorde un prezo de referencia para o leite en orixe, quero mostrar o meu desacordo co concepto de prezo digno que se está a utilizar. 

Os gandeiros non pedimos un prezo digno senón un prezo xusto que cubra os nosos custos de produción. 

A dignidade do noso traballo non ten nada que ver co prezo que nos paga a industria. A nosa dignidade vai moito máis alá. Aínda que algúns partidos políticos parecen desprezar ao rural galego, cabe destacar a enorme importancia que ten o rural para Galicia. Non só ten un enorme peso económico, senón que desenvolve un labor fundamental na xestión do territorio, na prevención de incendios, na mellora ambiental, na constitución da identidade galega, na fixación da poboación e na articulación territorial.  
Todo iso hai que dicilo porque é iso o que fai digno o noso traballo, e é por iso polo que tantos gandeiros nos sentimos orgullosos do que somos. 

O prezo do leite en orixe ten que ser xusto. Da dignidade do noso traballo xa nos encargamos nós.
 
Manuel García Castiñeiras e dez gandeiros máis de Ordes


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: