O espectáculo que está a demostrar o presidente da Xunta de Galiza é difícil de calificar.
Leva 3 meses e pouco como presidente da Xunta, e a verdade é que o líder dos 'populares de Galicia' (o nome debe vir porque que lle vota a xente que é popular..) non fixo máis que crispar e confundir a sociedade, non só non chegou con mentiras, con medos e asustando a sociedade, algo que está a facer agora Mayor Oreja de cara as eleccións europeas. Pola contra, até se enemistou con ese sector da sociedade minoritario que é Galicia Bilingüe, que non ten outro obxectivo que a eliminación da nosa lingua. Ademáis todo o que fixo foi contradecir a todo o mundo, non prometeu nada en campaña, agás a austeridade e nada máis, demostrando como o PP de Galicia é un partido arcaico que basea a súa capacidade electoral na compra de votos e no clientelismo a sociedade maior de 55 anos.
O panorama que temos de aquí en diante é moi desolador..
Porén, eu propóñolle a Vieiros que sexa a bandeira contra as políticas antigalegas do señor Feijoo e organize un foro de debate, onde a xente que estea en desacordo coa súa 'particular' forma de entender a política,e exprese as súas opinións e preocupacións.