O Espazo Aberto Antimilitar organiza unha proxección-presentanción dos destinos propostos na campaña pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2009.
O Espazo Aberto Antimilitar organiza dentro da campaña pola OF 2009 a proxección do documental "Defendo a miña terra" que conta a loita da veciñanza do pobo palestino de Bilin ante os intentos do goberno israelí de construír unha parte do muro nos seus terreos. Nesa loita a veciñanza conta coa axuda de Anarquistas Contra o Muro que é o destino internacional que o Espazo escollleu para este ano.
Xunto a estes destinos propoñemos apoiar o proxecto de Comida Non Bombas de Coruña e a loita de Galiza Non Se Vende. Ademais os membros do Espazo resolverán calquera dúbida que teñades respecto a OF.
Será o sábado 30 de maio ás 20.30 na Cova dos Ratos (Romil 3 -Vigo-).
+info: www.nonaogastomilitar.org