Convocada unha manifestación de apoio para o domingo, 21 de outubro, ás 12.30 horas, na Alameda de Santiago.
Todas as asociacións e organizacións da cidadanía de Santiago pídenvos que apoiedes a petición de indulto para tres veciños da parroquia do Eixo (inxustamente condenados a 7 anos de cárcere cada un, por pedir seguridade vial na súa parroquia), e que acudades á manifestación pacífica que se indica, para que, todos xuntos, pidamos publicamente; ¡¡Non ao seu ingreso no cárcere. Si ao seu indulto!!
Simón Márquez, Jesús Montoiro e José Moreira, son persoas que velaron sempre polos intereses xerais, colaborando co movemento veciñal, que teñen unha traxectoria e conducta social que non representa ningún risco cidadán, e que o cumprimento da pena imposta non contribúe ao seu principal obxectivo que é a rehabilitación, ocasionando o desmembramento de tres familias moi apreciadas no seu contorno social, e que nunca tiveron ningún problema coa xustiza. Lembra que o que lles pasou a eles, en calquera momento pódeche pasar a ti, xa que todos defendemos os mesmos intereses veciñais, e temos que loitar unidos para que non poidan quitarnos o dereito a manifestarnos libremente reivindicando as nosas necesidades.
Podedes mandar o voso apoio ao correo electrónico da Asociación Veciñal 'Domingo Cepeda', do Eixo - Santa Lucía: avvdoeixosantiago@ya.com