Todo xa preparado para iste domingo 21 na pista polideportiva de Santo Adrao (Lourenzá) voltar a sentir a emoción dunha nova CARREIRA DA XORNADA entre Iván (Spaorting ) e Marcos ( Remourelle-bulls) que será retransmitida en exclusiva mundial polas indomábeis cámaras de TELE-VARAL. Iván recén fichaxe dos Sporting Petapouco procedente da EkipA quere demostrar fronte a un debutante na competición Marcos que o bó rendemento da pasada tempada non foi un espellismo.
Frenética actividade que se aveciña, por un lado a pista de Santo Adrao no concello lugués de Lourenzá vai ser o marco do segundo asalto da SUPERLIGA GALEGA DE BILLARDA iste vindeiro domingo 21 de outubro na súa conferencia NorLeste para despois, o domindo 4 de Novembro a Selección Galega de billarda montar de novo na Guagua e viaxar cara terras Astures para alí , baixo a presión dunha enfervorizada afeccion asturiana , tentar acadar a 1º edición da Copa Cantábrica de billarda#lirio.
www.ovaral.blogspot.com