Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Ecoloxistas alertan do impacto ambiental que provocaría o gasoduto de Reganosa ao seu paso polo Eume

As asociacións ADEGA, SGHN, Verdegaia e Fusquenlla presentaron recentemente unha denuncia ante a Delegación de Medio Ambiente polo incumplimento das medidas correctoras previstas na Declaración de Impacto Ambiental no tramo que cruza o Eume

Enviada por Kropotkin Kropotkin o 13/10/2007 01:16

Dun tempo a esta parte parece que o Eume non levanta cabeza. Primeiro foi o proxecto de ENDESA de encher o oco da mina. Logo destapouse a proposta -aplaudida fervientemente polo conselleiro de Medio Ambiente- de ubicar unha planta de celulosas en As Pontes, e agora saltan de novo as alarmas co tendido por REGANOSA do gaseoducto que desde a planta de Mugardos levará o gas ata as centrais de Meirama e Sabón, en total máis de 75 km. Confundindo o interés xeral co privado, afírmase que o obxectivo real do proxecto é "ampliar la capacidad de transporte de gas natural para garantizar los crecientes consumos actuales y asegurar así la demanda futura en la Comunidad Autónoma de Galicia", pero en realidade trátase de garantir o suministro ás futuras centrais de ciclo combinado de Meirama e Sabón.
O trazado atravesa os cursos do Eume -a escasos metros do Parque Natural- Anduriña, Lambre, Mandeo, Mendo e Mero, varios LICs (Lugares de Interés Comunitario), hábitats de interese natural e tamén lugares de interés arqueolóxico, motivo polo cal asociacións ecoloxistas como ADEGA e a SGHN rexeitaron no seu momento o proxecto. A propia Dirección General de Conservación de la Naturaleza declaraba no estudo de impacto ambiental que o cruce destes ríos -que se fará mediante cruce subálveo en seco- "constituye uno de los aspectos críticos del proyecto", posto que forman parte da Rede Natura 2000 e nalgúns casos afecta a hábitats prioritarios. Por outra banda, non deixa de ser chamativo que no período de alegacións, entre as 35 entidades consultadas, nas que figuraban entidades locais, asociacións ecoloxistas e institucións científicas, o Concello de Pontedeume non fixo proposta correctora algunha nin presentou alegacións ao trazado. As asociacións ADEGA, SGHN, Verdegaia e Fusquenlla presentaron recentemente unha denuncia ante a Delegación de Medio Ambiente polo incumplimento das medidas correctoras previstas na Declaración de Impacto Ambiental no tramo que cruza o Eume, entre elas, a colocación de dispositivos especiais para evitar o arrastre de materiais e o enturbamento das augas nunhas ladeiras de fortes pendentes. Tampouco se está a cumplir as necesarias precaucións para evitar posibles danos ás formacións vexetais de ribeira, como o Pasteiro salino (Juncetalia maritimi) e non se están a respectar as anchuras máximas previstas nas pistas polas que discurre o gaseoducto, que non poderían exceder os 16 m. Outra medidas previstas para a protección da fauna que tamén se están a incumplir é a obligación de pechar as tubaxes ata a súa instalación definitiva para impedir que os animais poidan quedaren atrapadas nas mesmas. Finalmente, a realización das obras neste período do ano poden facer perigar a supervivencia de especies piscícolas como o salmón, a pesar de que o estudo prevé que as obras se realicen fóra do seus períodos de cría, migración e reproducción


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ecoloxistas alertan do impacto ambiental que provocaría o gasoduto de Reganosa ao seu paso polo Eume