Vieiros

Vieiros de meu Perfil


SOS CAUREL

enviar noticia abrir debate como vai isto
Edición xestionada por ti
RSS de SOS CAUREL

SOS CAUREL

SOS Caurel
Pbl. Xuño 29, 2007 por Asociación socio Cultural Arredemo (http://arredemo.info/)

A decisión (http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf ) da Xunta do pasado día 21 de Xuño de autorizar a Canteira A Campa-Santa Eufemia e declarar o Concello como zona mineira vén situar a Rede Natural do Caurel á beira da súa definitiva liquidación como espazo natural e cultural protexido, como desde hai tempo veñen denunciando a Asociación Ecolóxico-Cultural "SOS Courel" e outros colectivos ecoloxistas. Unha fraga, un río e case media ducia de poboados mediavais ameazados, así como as doce macrocanteiras xa existentes na comarca non foron quen de inclinar a declaración de impacto ambiental a prol da conservación do Caurel, dando conta da pouca utilidade da normativa medioambiental galega cando se trata de defender o patrimonio natural e cultural común. SOS CAUREL solicita das persoas e colectivos comprometidos coa causa do territorio a súa solidariedade nun momento en que se está a xogar definitivamente o futuro dun dos últimos espazos virxes da Galiza que atesoura como poucos as señas da nosa identidade como pobo e como cultura.

Enviada por arredemo arredemo o 28/07/2007 18:44

A política da Xunta respecto do Caurel vén pór de relevo máis unha vez que o continuismo na política ambiental é xa algo máis que un fantasma en todo o territorio galego. A pelota, como sempre, recae no tellado da sociedade civil, que se ve obrigada a defender o patrimonio común contra a alianza de intereses sobre a que políticos, empresarios e medios de comunicación persisten en fundar un modelo de desenvolvemento tan irracional como irreversible. Se queres colaborar e axudar no traballo e na loita dos compañeiros e compañeiras de SOS CAUREL, axuda a difundir o último comunicado da Asociación que transcribimos embaixo.

 Comunicado Urxente da Asociación Ecolóxico-Cultural "SOS Courel"

Amigas e amigos: 
  Pedímosvos encarecidamente que difundades, se o tedes a ben, esta mensaxe canto poidades.

Incrible !! Pero de xeito totalmente inesperado, onte 21 de xuño, a Xunta de Galicia decidiu (http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf) acabar de masacrar ao Courel, cando xa hai máis de 12 macrocanteiras canteiras en funcionamento.

O 21 de xuño, foi autorizada (http://www.xunta.es/periodico/2106consello.pdf) pola Xunta a Canteira A Campa-Santa Eufemia, (paxinas 2 e 17).
 
O Consello da Xunta de Galicia, tal e como tiña previsto dende fai tempo e sen escoitar o clamor da Cidadanía, tomou a decisión de acabar definitivamente co "Espazo Cultural do Courel".

Esta canteira que traballa nun furado da REDE NATURA, aberto a propósito no 2004; pero aínda nun Espacio Natural según as Normas Subsidiarias e Complementarias; desobedecendo unha orden de peche dende o 2002, confirmada pola Xustiza; foi premiada tal e como se expón nas páxinas 2 e 17.
 
Esta canteira, ao parecer foille formulada un ha Declaración de Impacto Ambiental, que parece ser a garantía de tal legalización. (http://www.amigosdaterra.net/cmn-album/main.php?g2_itemId=6426)
 
Se este documento fose a garantía ambiental, cando se está a arrasar un río e un bosque centenario, preto de media ducia de poboados medievais, mellor que supriman de un prumazo toda a normativa ao respecto.

- O mesmo 21 de xuño, o Consello da Xunta deulle para diante ao "Proxecto de Lei de ordenación da minaría de Galiza", polo que unha vez aprobado no Parlamento, o Courel será declarado "Concello Mineiro". A minaría terá prioridade absoluta sobre o Parque Natural (Páxinas 1 e 7)

- Xa o 19 de xuño, autorizárase a instalación (http://www.xunta.es/dog/dog.nsf/e6973315e9f833c9c125717600543020/3164adb99cc0fcc3c12572fe005990bf/$FILE/11700D048P063.PDF)  do primeiro Parque Eólico, dos varios previstos, na Rede Natura do Courel, en plena Serra do Oribio, no Camiño de Santiago.

Se queres máis información con fotos, texto e enlaces mira esta páxina.
http://www.blogoteca.com/madeingaliza/index.php?cod=19097


 
Agora, máis que nunca, seguimos coa campaña de recollida de sinaturas, envíos de correos electrónicos á Xunta de Galicia e a Prensa !!!- Impríme o modelo:

En Galego -->  http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20natural.pdf
En Castellano--> http://www.adega.info/files/ADEGA-Lugo/sinaturas%20parque%20castelan.pdf

 Mándaas ao seguinte enderezo:

"Asociación SOS Courel".
Santa Eufemia, nº 32, Folgoso do Courel,
27327( Lugo.)


Engadimos a continuación os enderezos electrónicos das distintas Administracións, se o tes a ben cópiaos e reenvíalles este correo.

santiago.roura.gomez@xunta.es;secretaria.xeral.presidencia@xunta.es, inma.fernandez.fernandez@xunta.es, secretaria.xeral@xuntaeco.org; sx.cptopt@xunta.es, sx@edu.xunta.es; amelia.pedras.mato@xunta.es, alberte.souto.souto@xunta.es, secretaria.xeral.cultura@xunta.es, jose.manuel.pena@sergas.es, miguel.lopez.siero@xunta.es, sxma@xunta.es, jose.vazquez.portomene@xunta.es, rosa.pena.torreira@xunta.es, secre.presidente@xunta.es; gabinete.vicepresidencia@xunta.es; conselleria.presidencia@xunta.es; secretaria.gab@xunta.eco.org; oszurdo@mma.es, presidente@chn.mma.es; c.pita@diputacionlugo.org, concello.folgosodocourel@eidolocal.es, culturaedeporte@xunta.es; angelina.gutierrez.alvarez@xunta.es; gabinete.cptopt@xunta.es; gabinete.sanidade@sergas.es; conselleira@edu.xunta.es; fernando.xabier.blanco.alvarez@xunta.es; montes.galicia@xunta.es, valedor@valedordopobo.com, registro@defensordelpueblo.es, gp-pp@parlamentodegalicia.es; gp-socialista@parlamentodegalicia.es;rosa.lopez.rendo@xunta.es; carmen.vallejo.pousada@xunta.es;mvazquezf@xunta.es; dxcn@xunta.es; secretaria.dx.cal.aval.ma@xunta.es;gp-bng@parlamentodegalicia.es; yolanda.aguiar.castro@parlamentodegalicia.es;- Engadimos igualmente, os correos dos medios de comunicación, se o tes a ben, cópiaos todos, e reenvíalles este correo:correo@elprogreso.es, redac@lavoz.es, cronica@diariodepontevedra.com, info@anosaterra.com, noticias@vieiros.com, info@gznación.com, galicia@elcorreogallego.es, redaccion@farodevigo.es, info@galicia-hoxe.com, digital@laopinioncoruna.com, stgredaccion@efe.es, redacción@axencia.com, galicia@europapress.es, autonomias@servimedia.net, redaccion@xornal.es,redaccion@galiciadiario.com, redaccion@arroutadanoticias.com, redaccion@codigocero.com, info@noticiasgalicia.com,nosevendeacoruna@20minutos.es , galicia@abc.es, galicia@elpais.es,informativos.tvg@crtvg.es, xefinfo.radiogalega@crtvg.es, sociedad9_ssii.tve@rtve.es, edirecto@rtve.es, redaccion.c.tve@rtve.es; informativos.santiago@cadenacope.net, redaccion@cadenaser.com,Gaceta@recoletos.es, apenam@unionradio.es, lacoruna@ondacero.es,voces@radiovoz.com,informativosgalicia@antena3tv.es, mvelo@atlas-news.com, telelugo@elprogreso.es

Gracias por axudarnos.
Unha aperta
O Courel, 22 de xuño 2007

Asociación SOS Courel.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: