Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ideas fronte á crise

Que sabes do "aluguer social universal"?

Colectivos sociais propoñen a creación dun parque público de vivenda en aluguer, cun prezo baseado no custo de mantemento do inmóbel.

Canal Solidario - 11:00 02/11/2008

Unha vintena de membros da asociación V de Vivenda encerráronse hai un par de semanas no vestíbulo dunha sucursal dunha entidade bancaria madrileña. Decorárona e okupárona afirmando que os bancos e caixas son "os máximos culpábeis da crise económica actual", e reivindicaron que o acceso á vivenda sexa un servizo público, como a Sanidade ou a Educación, reclamando o "aluguer social universal". (Podes ver aquí as fotos da acción).

"Desde VdeVivenda pensamos que neste momento crítico a cidadanía debe tomar a iniciativa e propor a súa propia solución ao problema da vivenda", sinalan desde a organización. Para o movemento o Aluguer Social Universal sería unha posíbel solución que revertería a situación e axudaría a saír da crise actual. Algunhas das medidas que engloba este movemento cidadán para garantir o dereito á vivenda digna son:

-Creación dun parque público de vivenda en aluguer, cun prezo baseado no custo de mantemento do inmoble, usando para iso a gran cantidade de vivendas baleiras que hai no Estado Español, calculado ao redor das 4 millóns e medio de vivendas baleiras sen contar segundas residencias, tal e como explica o portavoz de V de Vivenda, Daniel Jiménez.

-Cambio da lei hipotecaria de forma que calquera que non poida afrontar o pago ao banco nunca teña que responder máis aló do prezo de poxa da casa ante o banco.

-Nada de diñeiro público para entidades privadas, rexeitamento frontal aos plans de usar o Instituto de Crédito Oficial para doarlles 3.000 millóns aos construtores, nin ás inxeccións de diñeiro público por medio do Banco Central Europeo.

-Despenalización do uso de vivendas baleiras para vivir ou crear espazos sociais.

Segundo a organización o aluguer social acabaría coas dificultades para acceder á compra e o aluguer dun piso. "Non estamos propondo nada desatinado", di Jiménez. Algúns partidos políticos como Os Verdes de Europa xa se interesaron pola proposta do "aluguer social".


Ligazóns

5/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: